Saltar ao contido

JavaScript

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JavaScript
ParadigmaBaseado en prototipos, Programación orientada a obxectos
Data4 de decembro de 1995
DeseñadorBrendan Eich
DesenvolvedorNetscape Communications, Mozilla Foundation
Última versión1.8.5[1]
Tipo de datoDébil, dinámico
Postas en funcionamentoKJS, Rhino, SpiderMonkey, V8, Carakan, Chakra
DialectosJavaScript estándar e JScript (Javascript para IE)
Influído porJava
InfluíuActionScript, AtScript, CoffeeScript, Dart, JScript .NET, Objective-J, QML, TypeScript, LiveScript

JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C.

Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente[2], xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.[3]

Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.

A linguaxe foi inicialmente definida por Brendan Eich na empresa Netscape Communications. Netscape buscaba unha linguaxe interpretada máis lixeira que complementase á linguaxe Java atraendo a programadores non profesionais dunha forma semellante ao Microsoft Visual Basic.[4]

Inicialmente déuselle o nome de Mocha, e posteriormente LiveScript nas súas primeiras inclusións en versións beta do Netscape Navigator 2.0, en setembro de 1995. Foi renomeada coma JavaScript nun anuncio conxunto de Netscape e Sun[5] cando se lanzou na versión 2.0B3 do navegador de Netscape.[6]

O nome final de JavaScript causou confusión dando a impresión de que a linguaxe era derivada de Java, polo que a elección do nome foi caracterizada coma unha manobra de mercadotecnia de Netscape para darlle máis renome grazas á popularidade da outra linguaxe.[7][8]

Adopción por parte de Microsoft

[editar | editar a fonte]

As tecnoloxías de Microsoft Windows