Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Medio Ambiente e Cambio Climático
- Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
2. Ámbito: Medio ambiente; Patrimonio Natural.
3. Presentación do programa: O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado cos espazos e especies protexidos de Galicia, o fomento da concienciación e actitudes do alumnado cara á conservación da natureza e o coñecemento da Rede Natura 2000, facendo especial atención ao coñecemento da biodiversidade de Galicia, os seus hábitats e os ecosistemas. A súa vez aprender a darlle visibilidade a través de novas tecnoloxías.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación infantil, Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos e Educación especial.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: 12.
- Límite de docentes participantes por centro: 6, e sempre e cando se especifique claramente cal foi a súa tarefa en concreto nos proxectos.
- Límite de alumnado participante por centro: 200.
6. Criterios de selección:
- Calidade do proxecto presentado.
- Adecuación aos obxectivos e competencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
- Orixinalidade do proxecto.
- Implicación do centro e implicación social.
- Poder divulgativo y demostrativo do proxecto.
7. Persoa responsable:
Nome: Ana Mª Quiroga Rodríguez
Departamento: Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Teléfono: 981 547 209
Correo electrónico: ana.quiroga.rodriguez@xunta.gal
8. Obxectivos do programa:
- Introducir ao alumnado nos conceptos básicos da conservación da natureza, A Rede Natura 2000, a biodiversidade de Galicia e os espazos protexidos.
- Fomentar a súa sensibilización e implicación cara á natureza desenvolvendo actitudes de curiosidade, interese e creatividade cara os elementos e protección das especies e espacios naturais de Galicia
- Adquirir habilidades emocionais e intelectuais para a prevención e resolucións de problemas ambientais, coñecendo e valorando o seu contorno natural. Aplicación de novas tecnoloxías a estes obxectivos
9. Palabras clave: patrimonio natural, espazos, especies, biodiversidade.
10. Metodoloxía e temporalización: Durante o curso escolar.
11. Actividades e recursos ofertados: acompañamento e guía en rutas por espazos protexidos, charlas e obradoiros
- Recursos materiais: materiais varios ; unidades didácticas.
- Obradoiros: sobre espazos protexidos , patrimonio natural e biodiversidade.
- Saídas: a cargo do centro. Dispoñen de diversidade de rutas con guía.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios:
- Dibujo Naturalista (Primaria).
- Microrrelato ecológico (Secundaria).
- Vídeo Documental Breve e proxecto de investigación (Bachillerato y FP).
- Proyecto Inclusivo para educación especial.
- Formación: Asesoramento contínuo.
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final:
- Formato híbrido e interactivo WebApp ou Site creado con ferramentas accesibles, que actúe como contedor de todo o traballo do curso.
- Adaptado á lectura fácil, pictogramas, subtítulos e audios, para que sexa inclusivo e accesible a todos os perfís de alumnado.
- Fichas multimedia (texto, imaxe, audio e vídeo)
- Mapas de patrimonio natural local, recompilando cultura e tradicións (toponimia, lendas, etc)
- Ilustracións, colaxes, música ambiental, textos poéticos e narrativos inspirados na natureza galega.
- Evento final: “Feira dá Biodiversidade”, con casetas interactivas, charlas estudantís e experiencias inmersivas (por exemplo, roteiros con códigos QR que enlacen aos contidos do Atlas/mapa).
- Difusión en liña: publicación do Atlas en portais educativos, redes sociais do centro, e colaboración con medios de comunicación locais e entidades científicas.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
- Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Produto definido como plan proxecta e non como traballo curricular.
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa e social
- Inclusión de reportaxe gráfica e comentada do proxecto durante a súa realización.