Título node Learning object

Educación en dereitos da infancia e cidadanía global
Mér, 31/08/2016 - 11:25

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Servizo de Innovación e Programas Educativos Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional / UNICEF Comité de Galicia 

 

2. Ámbito: Voluntariado, solidariedade, cidadanía global: DEREITOS DE INFANCIA 

 

3. Presentación do programa:

A Educación en Dereitos de Infancia busca profundar na Convención sobre os Dereitos do Neno, promovendo o seu coñecemento, defensa e exercicio para formar cidadáns activos e comprometidos. Os centros educativos teñen un papel clave neste proceso.

O programa pretende fomentar a cidadanía global e responsable nos centros de Galicia. Nunha primeira fase, propón un diagnóstico grupal para reflexionar sobre as políticas e prácticas do centro respecto aos dereitos da infancia. A partir desta autoavaliación, elabórase un Plan de Acción que axude a integrar estes dereitos na vida escolar.

Ademais, promóvese a realización de actividades ao longo do curso relacionadas coa participación infantil, a prevención da violencia, os hábitos saudables e a creación dun bo clima escolar.

 

4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

 

5. Participación:

  • Límite de centros participantes: 15
  • Límite de docentes participantes por centro: sen límite
  • Límite de alumnado participante por centro: sen límite

 

6. Criterios de selección:

  1. Calidade do proxecto
  2. Experiencia en actividades de educación para o desenvolvemento e dereitos de infancia 

 

7. Persoa responsable:

Nome: Marta Andrade Blanco
Departamento: UNICEF Comité de Galicia 
Teléfono: 91 378 86 04
Correo electrónico: mandrade@unicef.es

 

8. Obxectivos do programa:

  • Obxectivo xeral: A Educación en Dereitos de Infancia ten o propósito de profundar na Convención dos dereitos do Neno, facendo efectivos os dereitos recollidos neste tratado de Dereitos Humanos.  Unicamente recoñecendo os dereitos se poden defender e difundir entre a sociedade, para impulsar cidadás e cidadáns activos e comprometidos. Neste sentido, o centro educativo ten un papel fundamental.  Polo tanto, o programa busca promover o coñecemento e a defensa dos dereitos da infancia e o exercicio da cidadanía global e responsable nos centros educativos de Galicia. Para isto, propón nunha primeira fase un proceso de diagnóstico inicial en grupo, favorecendo a reflexión sobre as políticas e prácticas do centro en relación cos dereitos da infancia. Unha vez realizada esta autoavaliación proponse aos centros a elaboración dun Plan de Acción en resposta aos resultado obtidos, co obxectivo de axudar a integrar os dereitos da infancia no centro educativo. Ademais, o programa fomenta a realización de actividades ao longo do curso sobre cuestións relacionadas cos dereitos da infancia, a participación infantil, a prevención da violencia, e os hábitos saudables, e a procura dun bo clima escolar.

 

  • Obxectivos específicos:
  1. Fomentar a participación activa do alumnado na análise e mellora da realidade do centro educativo en relación cos dereitos da infancia, mediante un proceso de autoavaliación colectiva.
  2. Incorporar os dereitos da infancia como principios éticos e normas de conduta no funcionamento do centro, a través da elaboración dun Plan de Acción baseado nos resultados da autoavaliación.
  3. Implicar a toda a comunidade educativa - incluíndo familias e persoal non docente - no diagnóstico e nas propostas de mellora vinculadas aos dereitos da infancia.
  4. Promover condutas que garantan a protección do alumnado, facendo fincapé na prevención da violencia, o respecto mutuo e o desenvolvemento de hábitos saudables e actitudes responsables.

 

9. Palabras clave: Dereitos da infancia; Educación cívica e constitucional; Educación para a paz; Igualdade; Respecto; Solidariedade;  Xustiza; Protección; Cidadanía democrática.

 

10. Metodoloxía e temporalización:

  1. Realización de actividades relacionadas cos dereitos da infancia, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global, dirixidos a traballar os hábitos saudables e a educación para a saúde ao longo de todo o curso, con especial relevancia en datas clave como: Día Universal da Infancia (20 de novembro); Día escolar da paz e a non violencia (30 de xaneiro); Día Mundial da Auga (22 de marzo) ou Día do Medio Ambiente (5 de xuño). 
  2. Afondar ao longo do curso nos 4 ámbitos de traballo da Educación en Dereitos, isto é: 
    • Promover o coñecemento dos dereitos da infancia, que promove que toda a comunidade educativa coñeza, difunda e defenda os dereitos. (Primeiro trimestre)
    • Desenvolver espazos que favorezan a participación infantil e adolescente, que busca que as voces dos nenos, nenas e adolescentes sexan tidas en conta  no centro educativo. (Todo o curso)
    • Promover unha contorna protectora. Desta forma impúlsanse espazos onde cada alumna e alumno estea e se sinta seguro ante a violencia, o acoso e o maltrato, de xeito que poida aprender, convivir e desenvolverse nun ambiente protector. (Todo o curso)
    • Favorece un bo clima escolar, que impulsa a convivencia e a cohesión de toda a comunidade educativa (equipo directivo, persoal docente, familias, alumnas e alumnos e persoal de administración e servizos). Para iso, proponse a realización da autoavaliación e do diagnóstico para analizar o compromiso cos dereitos da infancia no centro educativo. Realizarase a través da web www.unicef.es/gal/educa.  Tamén se afonda na elaboración do Plan de Acción como resultado das conclusións extraídas da autoavaliación. Dela resulta un documento diagnóstico final no que se recollen as principais conclusións sobre en que ten que incidir o centro para mellorar os resultados obtidos.(Segundo trimestre)

 

11. Actividades e recursos ofertados:

  • Recursos materiais: Diversos materias dispoñibles nas webs de referencia ademáis de cursos de formación para docentes 

 

  • Obradoiros: non se contempla

 

  • Saídas: non se contempla

 

 

  • Concursos / Premios: Non se contempla

 

  • Formación: 
  1. MOOC gratuíto de formación en liña dispoñible para os docentes participantes na acción, promovido por UNICEF España e o INTEF. Esta formación é gratuíta e lévase a cabo cada curso entre os meses de abril e xuño. Título do curso: MOOC "Educación en derechos de la infancia y ciudadanía global"
  2. Cursos de especialización en educación en dereitos UNED/UNICEF. Cada ano realízanse dous cursos. Un deles, aborda a Axenda 2030 cun enfoque de dereitos de infancia. O outro trata sobre a figura do coordinador/a de benestar e protección nos centros educativos. Estes cursos ofértanse anualmente no mes de setembro.

 

12. Orzamento: non se contempla.

 

13. Produto final: O alumnado deberá realizar un vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do ano no marco da Educación en Dereitos. Valorarase se o centro accede á plataforma de recoñecementos a Centros Referentes en Educación en Dereitos e formalizan a súa candidatura.

 

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+:
    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
  •  Criterios propios do programa:
    1. Elaboración da autoavaliación e o plan de acción propostos pola iniciativa.
    2. Participación do alumnado no proceso de traballo en dereitos de infancia.
    3. Valorarase adicionalmente se o centro accede á plataforma de recoñecementos a Centros Referentes en Educación en Dereitos e formalizan a súa candidatura.

 

Menús Learning object node R