Título node Learning object

Educación patrimonial
Lun, 21/08/2017 - 14:32

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

 

2. Ámbito: Patrimonio Cultural

 

3. Presentación do programa:

O programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado co patrimonio cultural tanto material como inmaterial da contorna inmediata. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que facer unha pescuda sobre o patrimonio e os bens comúns dende o punto de vista antropolóxico, arqueolóxico, histórico, arquitectónico, xeográfico e lingüístico da contorna. Existen 4 modalidades de participación que son excluíntes:

a) Mirando polo Camiño: destinada a centros que se encontren en concellos emprazados nalgún dos tramos galegos do Camiño de Santiago oficialmente recoñecidos (Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Ruta da Prata, Camiño de Fisterra, a ruta de inverno e a ruta do mar de Arousa, tamén chamada ruta da Traslatio). Preténdese traballar co alumnado de maneira contextualizada sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado.

b) Patrimonio Etnográfico na Ribeira Sacra: preténdese promover entre a comunidade educativa o traballo co patrimonio etnolóxico da comarca dun xeito antropolóxico, identificando aqueles elementos, tanto da arquitectura tradicional (vivendas, construcións para o traballo etc.) como ferramentas de traballo, lendas, tradición oral...que recollen as pegadas das xeracións pasadas que foron transformando o medio para procurar a súa subsistencia e configurar a paisaxe cultural que hoxe coñecemos como Ribeira Sacra. Preténdese que o alumnado recoñeza o papel da comunidade como actora na configuración da súa contorna non só no pasado, senón tamén no presente e cara ao futuro, e no recoñecemento do seu valor patrimonial.

c) Museos e Patrimonio: xurde para promover proxectos cos que se fomente unha colaboración estreita entre a comunidade educativa e o o museo facendo deste un instrumento eficaz para a educación formal. Os museos que participan este curso serán: Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo do Castro de Viladonga, Museo Etnolóxico de Ribadavia e Museo do Viño de Galicia.

d) Terras Sacras (mosteiro e olería): Preténdese promover entre a comunidade educativa o traballo co patrimonio cultural, tanxible e intanxible do concello de Xunqueira de Espadanedo, epicentro da Ribeira Sacra. Na Alta Idade Media había ao redor de 200 pequenos mosteiros que transformaron as paisaxes da súa contorna como dinamizadores culturais e económicos. A olería é fundamental na Ribeira Sacra o que se palpa na cultura material e inmaterial en Niñodaguia, en torno aos oleiros e as súas creacións, estruturas (fornos, obradoiros, chemineas), cántigas, poemas, tradicións, mitos, etc.

 

4. Alumnado ao que vai dirixido:

a) Mirando polo Camiño, b) Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra e c) Museos e Patrimonio: dirixido a alumnado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional de calquera grao, ensinanzas para adultos e centros de educación especial.

d) Terras Sacras (mosteiro e olería): alumnado de educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional (vinculados con Turismo), ensinanzas para adultos.

 

5. Participación: 

  • Límite de centros participantes: As modalidades son excluíntes:
    • a) Mirando polo Camiño: 9

    • b) Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra: 6

    • c) Museos e Patrimonio: 5 (1 proxecto/centro por museo: Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo do Castro de Viladonga, Museo Etnolóxico de Ribadavia e Museo do Viño de Galicia)

    • d) Terras Sacras (mosteiro e olería): 3

  • Límite de docentes participantes por centro: sen límite.
  • Límite de alumnado participante por centro: sen límite.

 

6. Criterios de selección: 

  1. Mirando polo Camiño:

    1. Admitiranse unicamente centros emprazados nos distintos tramos galegos dos Camiños de Santiago (Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Ruta da Prata, Camiño de Fisterra, a ruta de inverno e a ruta do mar de Arousa, tamén chamada ruta da Traslatio).

    2. Seleccionarase un centro por cada un dos Camiños.

    3. No caso de non haber representatividade dalgún dos Camiños, seleccionarase un segundo centro daqueles camiños que teñan máis dun proxecto presentado ata chegar aos nove.

    4. No caso de haber varios proxectos de centros representativos dun mesmo Camiño, valorarase a idoneidade e calidade dos proxectos, o grao de innovación dos proxectos e o grao de implicación do claustro e da comunidade educativa.

    5. Unha vez aplicados os criterios anteriores, darase prioridade aos proxectos centrados en 1º e 2º da ESO.

  1. Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra:

    1. Admitiranse unicamente centros emprazados nos concellos da Ribeira Sacra ata un máximo de seis.

    2. Seleccionarase 3 centros por cada unha das dúas provincias, Lugo e Ourense. No caso de non chegar ás 3 solicitudes nunha provincia e pasar de 3 na outra, seleccionaranse as restantes solicitudes ata chegar a 6.

    3. Primarase ter representación de diferentes concellos, no caso de haber varias solicitudes procedentes dun mesmo concello escollerase unha.

    4. Valorarase a idoneidade e calidade dos proxectos, o grao de innovación dos proxectos e o grao de implicación do claustro e da comunidade educativa.

    5. Unha vez aplicados os criterios anteriores, darase prioridade aos proxectos centrados en 1º e 2º da ESO.

  1. Museos e Patrimonio:

    1. Admitiranse con preferencia centros emprazados nos concellos nos que se sitúan os museos aínda que, se os proxectos teñen vencello cos contidos temáticos ou coas coleccións dos museos, poderán estar situados noutros concellos.

    2. Proxectos centrados nas coleccións dos museos ou nos seus contidos temáticos.

    3. Proxectos que impliquen dar a coñecer o museo á sociedade e a difusión do coñecemento.

    4. Proxectos con relevancia social para a comunidade local e sobre a contorna inmediata do museo e/ou do centro de ensino.

  1. Terras Sacras (mosteiro e olería):

    1. Os centros que xa participaran no Plan Proxecta teñen preferencia.

    2. Por proximidade. Vinculación co espazo, centros situados na Ribeira Sacra, ou con formación relacionada co turismo.

    3. Se ben estas son as prioridades, no caso de haber prazas, calquera centro galego podería participar.

 

7. Persoas responsables:

  • Modalidades a) Mirando polo Camiño, b) Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra e c) Museos e Patrimonio:

Nome: Paz Varela Campos
Departamento: Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de BBCC, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Teléfono: 881 007 013
Correo electrónico: paz.varela.campos@xunta.gal

  • Modalidade d) Terras Sacras (mosteiro e olería): 

Nome: Mª Eugenia Muñoz Fernández
Departamento: Cultura e Turismo do Concello de Xunqueira de Espadanedo
Teléfono: 988 291 001 / 656 473 338
Correo electrónico: emunoz@roteiros.org

8. Obxectivos do programa:

  1. Facilitar as ferramentas para que a comunidade educativa recoñeza o patrimonio material e inmaterial da súa contorna co fin de vincular as persoas co territorio e que, de xeito participativo, contribúa á súa conservación e difusión ideando estratexias de recoñecemento público e promoción dos seus recursos.

  2. Introducir o alumnado na terminoloxía do patrimonio cultural (valor cultural, categoría dos bens (BIC, ben catalogado, ben inventariado), protección, conservación, autenticidade ou integridade) e aprender a utilizar ferramentas de patrimonialización e protección do patrimonio cultural como o inventario, catálogo, o traballo de campo etc.

  3. Incorporar o patrimonio cultural como recurso transversal nas diferentes materias, formando parte do currículo para ter unha comprensión global tanto do patrimonio como do medio no que se sitúan os bens patrimoniais.

 

9. Palabras clave: Educación patrimonial, patrimonio cultural, patrimonio inmaterial, patrimonio mundial, ben de interese cultural

 

10. Metodoloxía e temporalización: Curso completo.

Os proxectos deberán organizarse en etapas repartindo o traballo de xeito equitativo ao longo de todo o curso e desenvolvéndose progresivamente. Ao final de cada trimestre deberán publicarse as actividades desenvolvidas no blog do programa: http://blogs.xunta.gal/educacionpatrimonial/.

Para a modalidade d)Terras Sacras (mosteiro e olería): desenvolvemento de actividades no mosteiro e olería: marzo, abril, maio e xuño. Prazos e fases na realización das actividades ou na entrega dos traballos: 17 xuño.

 

11. Actividades e recursos ofertados:

d) Terras Sacras (mosteiro e olería) e Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning:

 

 

  • Actividades didácticas e Obradoiros: 

    O programa conta cun blog http://blogs.xunta.gal/educacionpatrimonial/ no que deben publicar todos os centros que participen no programa Educación Patrimonial, en calquera das súas modalidades, e no que deberán visualizar, periodicamente, as actividades que organicen. Os centros deberán facer unha publicación sobre o seu proxecto ao final de cada trimestre, como mínimo, dando conta das actividades ou traballos desenvolvidos ata o momento, ou ben do grado de desenvolvemento do proxecto.

    No terceiro trimestre, o alumnado e profesorado das modalidades a) Mirando polo Camiño, b) Patrimonio etnográfico da Ribeira Sacra e c) Museos e Patrimonio deseñarán un póster dixital sobre o desenvolvemento dos seus proxectos. Os pósters serán publicados no blog e poderían servir como material para expoñer na cuarta edición das Xornadas de Educación Patrimonial.

    c) Museos e patrimonio: unha vez admitidos no Plan Proxecta, os centros deberán establecer un primeiro contacto co museo co fin de facer unha valoración conxunta do proxecto, estudar as posibles achegas do museo e establecer unha colaboración dende o primeiro momento.

    Proposta de actividades didácticas e obradoiros:

  • Mirando polo Camiño: ofrecerase unha charla para cada un dos centros participantes sobre a práctica diaria da conservación do patrimonio cultural, nos campos da arqueoloxía, da arquitectura ou da restauración, impartida por un técnico que tivera dirixido algunha intervención nalgún ben da zona; estas actividades poderán desenvolverse na aula ou sobre o terreo.

  • Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra: actividades sobre o terreo ou no centro con cada un dos centros participantes, a elección entre un itinerario pola Ribeira Sacra ou un xogo didáctico.

  • Museos e Patrimonio: Unha actividade didáctica que pode ser un obradoiro ou unha charla , en cada un dos museos, deseñado especificamente para o proxecto que o centro escolar estea desenvolvendo.

  • Terras Sacras. Mosteiro e olería: o desenvolvemento de actividades no mosteiro e olería, concentrarase en marzo, abril, maio e xuño.

  • Visitas interactivas Mosteiro e Olería e serán gratuítas para os centros que participen na modalidade.

  • Visitas didácticas adaptadas ás distintas idades. Para cada grupo adaptarase o discurso e os contidos ao curso, de tal maneira que podan comprender, de maneira sinxela, tanto o mosteiro coma a olería tradicional.

  • Asesoramento en actividades e adaptación dos materiais as necesidades didácticas do centro

 

  • Saídas: 

    Os centros deben asumir os custos dos desprazamentos:

    • Mirando polo Camiño: charlas impartidas por técnicos sobre algún ben patrimonial da zona na que se tivera intervido. Poden facerse in situ polo que poden supoñer algún desprazamento.

    • Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra: as actividades poden desenvolverse sobre o terreo, polo que pode haber desprazamentos a lugares da contorna.

    • Museos e Patrimonio: ofrecerase unha charla para cada un dos centros participantes sobre o traballo que se desenvolve no museo e realizarase unha visita para coñecer os espazos internos onde se desenvolve o traballo que se realiza coas coleccións.

    • Terras Sacras. Mosteiro e olería: visitas didácticas e saída didáctica fin de actividade en Xunqueira de Espadanedo.

 

 

  • Concursos / Premios: 

a) Mirando polo Camiño, b) Patrimonio etnográfico na Ribeira Sacra e c) Museos e Patrimonio: Está previsto facer un concurso entre todos os centros que participan nas tres modalidades.

e) Terras Sacras (mosteiro e olería) estudarase a posibilidade de facer un concurso entre os distintos centros participantes e exposición dos traballos elaborados polos alumno/as tanto no Mosteiro coma no Museo Eller de Olería.

 

 

  • Formación: e) Terras Sacras (mosteiro e olería): aportaranse materiais e poderanse impartir seminarios conxuntos cos distintos colexios e docentes participantes.

 

12. Orzamento: Non se contempla.

 

13. Produto final: 

  1. Mirando polo Camiño: elaboración dun proxecto aberto e libre (audiovisual, blog, web...) que teña como finalidade a divulgación do patrimonio e dos valores culturais relacionados co Camiño de Santiago. Valorarase aqueles que supoñan unha intervención sociocomunitaria: participación na organización de roteiros, de labores de limpeza e coidado, creación de comunidades virtuais de concienciación,... que contribúan á concienciación da comunidade. Valorarase positivamente a posibilidade de realizar proxectos con centros doutros puntos do Camiño (galegos, españois, europeos)

  2. Patrimonio etnolóxico na Ribeira Sacra: elaboración dun proxecto aberto e libre (audiovisual, blog, web...) que teña como finalidade promover a paisaxe cultural Ribeira Sacra como testemuña das formas de vida e de subsistencia das distintas xeracións ao longo do tempo. Valorarase a elaboración dun catálogo de arquitectura tradicional do concello no que se empraza o centro no que se recollan o patrimonio material (construcións tradicionais) e o patrimonio inmaterial (técnicas de construción, usos, lendas, oficios...).

  3. Museos e Patrimonio: elaboración dun proxecto aberto e libre (audiovisual, blog, web...) que teña como finalidade a divulgación do patrimonio museístico ou do patrimonio cultural relacionado co ámbito temático do museo. Así mesmo, realización dalgunha actividade de difusión do traballo realizado no museo ao rematar o proxecto: un obradoiro, unha exposición, unha presentación ao público do traballo realizado, unha representación teatral...

  4. Terras Sacras (mosteiro e olería): Tres posibilidades:

    1. elaboración dun álbum ilustrado no que a partir de imaxes reais (fotografías) combinadas con debuxos, se conte unha historia vinculada co mosteiro ou coa olería. Esta historia debe permitir que outros escolares comprendan ben o mosteiro (vida, sentido) ben a olería tradicional.

    2. elaboración dunha pequena curtametraxe (debuxos animados, plastilina –barro-, película tradicional) para contarnos unha historia ou sobre o mosteiro ou sobre a olería.

    3. elaboración dunha exposición real e/o virtual ó redor dun tema vinculado co Mosteiro, Olería (Mulleres con olas na cabeza, A vida nun mosteiro medieval de Ribeira Sacra ).

 

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+:
    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
  •  Criterios propios do programa:
  1. Claridade no concepto de patrimonio cultural
  2. Innovación na utilización dos recursos.

  3. Calidade dos produtos elaborados.

Menús Learning object node R