Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
- Subdirección Xeral de Cambio Climático e da Ordenación do Litoral, MeteoGalicia
- Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
2. Ámbito: Meteoroloxía e Climatoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Medio Ambiente
3. Presentación do programa: O programa consiste en desenvolver un proxecto interdisciplinar relacionado coa meteoroloxía e o clima en Galicia, a partir da observación meteorolóxica na escola. Os centros promoverán a elaboración dun traballo no que participarán o profesorado, o alumnado, as familias, as institucións do contorno etc. Neste proxecto terán que realizarse distintas actividades, directamente relacionadas coa meteoroloxía e o clima, involucrando ás distintas áreas do coñecemento, tanto de ciencias da natureza como ciencias sociais, as linguas, educación física e artística, etc. Neste programa hai cabida para todas as materias.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos, Educación especial ,e Educación infantil (sempre que estea acompañado dalgunha outra etapa educativa)
5. Participación:
- Límite de centros participantes: 40, aínda que podería chegar ata un máximo de 42 no caso dunha avaliación similar de varios proxectos (solicitudes) presentados
- Límite de docentes participantes por centro: Non se establece límite de profesorado participante. Con todo, o número de actividades debe ser proporcional ao número de profesores implicados. Ademais, todas as áreas educativas cuxos profesores forman parte do equipo do programa MeteoEscolas no centro deben achegar no proxecto final, polo menos, unha actividade por área.
- Límite de alumnado participante por centro: Non se establecen límites para o número de alumnos participantes
6. Criterios de selección:
1.- Plan de traballo, especificando as actividades que se van realizar durante o curso, seguindo unha metodoloxía no marco da educación en proxectos: 0-5 puntos.
2.- Desenvolvemento das actividades nas distintas áreas educativas (interdisciplinariedade do proxecto): 0-3 puntos.
3.- Participación do maior número de alumnos, así como distintas etapas educativas, sempre que sexa posible: 0-2 puntos.
*Os centros de Educación especial terán garantida a participación no programa
7. Persoas responsables:
Nome: Natalia Solovieva Soloviev, Ana Lage González, Santiago Salsón Casado e María de los Ángeles Lago Núñez
Departamento: Xestión de Proxectos / Predición Meteorolóxica / Observación e Climatoloxía
Teléfono: 881 999 654
Correo electrónico: meteoescolas.planproxecta@xunta.gal
8. Obxectivos do programa:
Mellorar o coñecemento do alumnado en temas de meteoroloxía e clima e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, e da realización de diversas actividades nas distintas áreas educativas.
9. Palabras clave: Meteoroloxía, Climatoloxía, Ciencia, Tecnoloxía, Medio Ambiente.
10. Metodoloxía e temporalización: Curso completo con evento final e entrega de premios ás MeteoEscolas de Excelencia.
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: Un pluviómetro e un termómetro de max/min, para os centros de nova incorporación
- Obradoiros: Non se contempla.
- Saídas: Os centros participantes no programa MeteoEscolas terán prioridade para visitar MeteoGalicia e acudir a unha sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos e ó lanzamento dunha radiosondaxe.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios: Non se contempla.
- Formación:
- Formación inicial do profesorado: haberá unha xornada de formación voluntaria para o profesorado ao comezo do curso (esta formación non se certifica como formación do profesorado). Lugar: MeteoGalicia. Duración: 2,5-3 h.
- Asesoramento continuo para o profesorado mediante correo electrónico e teléfono.
.
12. Orzamento: Non se contempla.
13. Produto final: Non se contempla.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Actividades educativas realizadas ao longo do proxecto.
- Valorarase a calidade e orixinalidade das distintas actividades que realice o centro directamente relacionadas coa meteoroloxía. No momento da avaliación da memoria terase en conta a cantidade de profesores participantes, de xeito que o número de profesores involucrados deberá ser proporcional ao número de actividades que aparezan na memoria final. Así mesmo, debe haber polo menos unha actividade por cada área educativa cuxos profesores forman parte do equipo do programa MeteoEscolas no centro.
- A toma de datos meteorolóxicos considerarase como unha actividade moi recomendable a realizar polos centros. A avaliación desta actividade farase a través dos datos inseridos na web de MeteoGalicia, tendo sempre en conta unha correcta colocación e mantemento da estación meteorolóxica do centro. Así mesmo, valorarase introducir na web da rede de MeteoEscolas a observación dos meteoros (treboada, néboa, etc.). Esta actividade soamente será avaliada se posteriormente si se usan os datos recollidos para facer outras tarefas, como estatísticas, climogramas ou outras actividades que englobe o proxecto.
- Ademais, apreciarase a comparativa dos datos recollidos no centro con datos de estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia ou doutros centros, de zonas climáticas distintas.