Título node Learning object
Ficha técnica
1. Institucións das que depende:
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- SOGAMA
2. Ámbito: Medio ambiente, sostibilidade, Consumo responsable
3. Presentación do programa: Programa de educación ambiental que ten por obxecto instaurar nos centros escolares a recollida selectiva de residuos para propiciar a súa reciclaxe. Con tal fin, Sogama proporciona aos centros participantes os medios materiais e didácticos necesarios para que a comunidade educativa aprenda a separar os refugallos por tipoloxías e a depositalos nos contedores correspondentes. Sen este labor previo en orixe, a reciclaxe, e, polo tanto, os seus beneficios, tanto ambientais coma económicos e sociais, non resultará viable.
O programa traballa igualmente nas prácticas previas de prevención, redución e reutilización a fin de que a xestión sostible do lixo sexa unha realidade na escola e que as boas prácticas tamén se trasladen á contorna familiar e social do alumnado.
4. Alumnado ao que vai dirixido o programa: Educación infantil e Educación primaria
5. Participación:
- Límite de centros participantes: 25
- Límite de docentes participantes por centro: 8
- Limite de alumnado participante por centro: 200
6. Criterios de selección:
- Non ter participado en edicións anteriores do programa “Recíclate con Sogama.
- Ter presentado unha candidatura que se axuste aos obxectivos do programa e que sexa de calidade.
- No caso de que haxa máis de 25 centros candidatos que dean cumprimento aos dous requisitos anteriores, a selección farase por orde de solicitude.
7. Persoas responsables:
- Que a comunidade educativa tome conciencia da problemática que representa a elevada produción de lixo, así coma o comportamento a adoptar para facer fronte á mesma, e que coñeza o cometido de Sogama.
- Que comprenda e aplique cada día a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e que interiorice a importancia do labor individual e colectivo na xestión sostible do lixo como medida de peso para facer fronte ao cambio climático.
- Que o alumnado desenvolva unha tarefa pedagóxica na súa contorna familiar e social máis inmediata para divulgar os beneficios da reciclaxe e incentivar a maior colaboración da poboación.
- 1º Trimestre: diagnóstico inicial da experiencia e coñecementos de cada centro participante na xestión de residuos mediante entrevistas cos coordinadores do programa e/ou coa Dirección, e envío a todos eles dos recursos materiais e didácticos necesarios. Sesión en liña cos coordinadores e profesorado interesado para explicarlles os pormenores do programa.
- 2º Trimestre: formación presencial do alumnado, obradoiros, visita de seguimento aos centros para comprobar o estado dos proxectos, e convocatoria do concurso de carteis sobre reciclaxe.
- 3º Trimestre: última visita de seguimento aos centros na que se contempla tamén a caracterización dos residuos depositados nos contedores subministrados por Sogama para comprobar a calidade e grao de acerto e erro na selección, e nova entrevista cos coordinadores do programa e/ou Dirección para facer un balance do programa.
Obradoiros: Caixas sensoriais, xogos de clasificación de residuos, talleres de reutilización, etc.
Webs de referencia: www.sogama.gal; www.cadernoverde.gal
Concursos / Premios: Convocatoria dun concurso de elaboración de carteis promocionais da reciclaxe.
Formación: Curso específico en liña "A educación ambiental na economía circular", cunha duración de 30 horas lectivas, destinado ao profesorado
12. Orzamento: Non se contempla.
13. Produto final: Un vídeo, de non máis de 2 minutos de duración, ou ben un informe, ilustrado con imaxes das actividades, nos que se resuma o traballo realizado polo centro durante o curso académico.
14. Criterios de avaliación:
Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios xerais do programa:
- Implicación e colaboración do centro no correcto desenvolvemento das actividades desenvolvidas no marco do programa
- Calidade do material depositado nos contedores, é dicir, grao de acerto ou erro á hora de seleccionar o lixo e depositalo no recipiente de destino
- Implicación doutros sectores sociais no proxecto de cada centro, sexa o propio concello, unha asociación, a AMPA, etc.