Título node Learning object

Galicons-net
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Conselleria de Emprego Comercio e Emigración

 

2. Ámbito: Consumo responsable, Igualdade.

 

3. Presentación do programa: Galicóns é un programa en materia de consumo responsable coa finalidade de promover a educación para un consumo responsable nos centros de ensino e motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado de profesorado.

 

4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación infantil, Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos, Ensinanzas de persoas adultas e  Educación especial.

5. Participación:

  • Límite de centros participantes: sen límite
  • Límite de docentes participantes por centro: sen límite
  • Límite de alumnado participante por centro: sen límite

 

6. Criterios de selección: calidade do proxecto presentado

 

7. Persoa responsable:

Nome: Sol M. Vázquez Abeal
Departamento: Xerente da Escola Galega de Consumo
Teléfono: 88 1999 091
Correo electrónico: igc.escuela@xunta.gal

 

8. Obxectivos do programa:

  1. Favorecer o tratamento da educación para o consumo responsable nos curriculos das diferentes etapas e niveis de ensino regrado.       
  2. Difundir e promover os valores presentes nun consumo responsable e os dereitos como persoas consumidoras ou potenciais nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.                                      
  3. Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elexir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos e coñecer os seus dereitos e deberes.

 

9. Palabras clave: competencias sociais e cívicas.

 

10. Metodoloxía e temporalización: Traballar o curso completo neste proxecto con actividades , formación etc.... relacionados coa temática escollida: consumo e xénero, linguaxe publicitario, comercio eléctronico, servizos financeiros ou etiquetaxe dos bens e produtos.

11. Actividades e recursos ofertados:

  • Recursos materiais: Formación Inicial: Guia inicial para Galicons e cursos ofertados no plan proxecta: Consumo e xenero, O comercio a distancia, Consumo e finanzas dentro da Aula.

 

  • Obradoiros: Persoal técnico especializado en formación sobre consumo responsable impartirá un ou varios obradoiros especificamente deseñados en relación coa temática do proxecto no lugar elixido polo centro educativo e/ou nas inslatacións da Escola Galega de Consumo (Santiago de Compostela).

 

  • Saídas: As que soliciten os Centros Educativos.

 

 

  • Concursos / Premios: Concederánse 4 premios en metálico de 1500 euros para o mellor en cada unha das categorias de participación.

 

  • Formación: Poden ser presenciais, online ou mixtas.

 

12. Orzamento: non se contempla.

 

13. Produto final: Elaboracion dun produto final que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado da temática elexida.

 

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+:
    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
  •  Criterios propios do programa:
    1. A adecuación do proxecto ás temáticas propostas en materia de consumo.
    2. A coherencia do traballo realizado cos obxectivos do proxecto e a claridade expositiva da memoria final.
    3. A calidade, creatividade e orixinalidade dos materias producidos.

 

Menús Learning object node R