Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería de Sanidade
- Dirección Xeral de Saúde Pública
2. Ámbito: Saúde e benestar. Prevención de Condutas Aditivas
3. Presentación do programa: Programa-concurso educativo para a prevención do inicio do consumo do tabaco, dirixido aos escolares de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante polo menos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo. Utiliza as actividades obrigatorias do programa, como vehículo para o descubrimento a traves dun formato lúdico, co fin de coñecer os beneficios de non comezar a fumar, asi como os riscos para a saúde que conleva o consumo de tabaco, a exposición pasiva ao fume de tabaco, e os novos dispositivos de nicotina.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de 1º ESO e 2º ESO.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: Sen límite
- Límite de docentes participantes por centro: Sen límite
- Límite de alumnado participante por centro: Sen límite
6. Criterios de selección: 1º ESO e 2º ESO (a participación debe ser de todo o alumnado da aula)
7. Persoa responsable:
Nome: María Jesús García Blanco
Departamento: Servizo de Prevención de Condutas Aditivas (Dirección Xeral de Saúde Pública)
Teléfono: 881 542 920
Correo electrónico: maria.jesus.garcia.blanco@sergas.es
8. Obxectivos do programa:
- Prevención do inicio do consumo de tabaco.
- Atrasar a idade de inicio.
- Reconducir os consumos puntuais.
9. Palabras clave: Tabaco. Adicción. Exposición Pasiva.
10. Metodoloxía e temporalización:
Todos os escolares da aula e o seu titor/a comprométense a non fumar durante o tempo que dura o programa. Antes do inicio, todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco.
Actividades Obrigatorias:
- Elaboración dun slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal (primer trimestre)
- Desenvolver unha actividade creativa en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto (segundo trimestre)
- Desenvolver as unidades didácticas relacionadas coa prevención do tabaquismo propostas na guía “A experiencia de educar para a saúde na escola” do “Programa de Prevención do Consumo de Drogas”, para cada un dos cursos de 1º e 2º da ESO. Supervisión das actividades e seguimento do programa-concurso, polos técnicos dos departamentos territoriais de sanidade.
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: Unidades didacticas, materiais “ad hoc”, web clasessenfume
- Obradoiros: Un obradoiro ao longo do curso, dado por os tecnicos dos departamentos territoriais sanitarios, que incluira a valiación da abstinencia tabáquica a través dunha cooximetría (medición do monóxido de carbono en aire espirado)
- Saídas: non se contempla.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios:
- Premio da edición: Realízase un sorteo entre todas as aulas que chegaron ao final do concurso, tendo cumprido todas as actividades obrigatorias.
- Por un xurado: As mellores actividades presentadas según os criterios do programa.
- Premios de Innovación educativa: Para os docentes das aulas das actividades gañadoras.
- Formación: non se contempla.
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final: As actividades obrigatorias do programa: eslogan (1º trimestre) e actividade creativa (2º trimestre)
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Comprobación do compromiso de non fumar. Avaliación da abstinencia tabáquica a través dunha cooximetría (medición do monóxido de carbono en aire espirado) realizada por os técnicos dos Departamentos territoriais.
- Realización das actividades obrigatorias do programa
- Transferibilidade do proxecto a outras aulas do centro, unidad familiar y/o ámbito comunitario.