Título node Learning object

Quérote+
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Conselllería de Política Social e Igualdade
    • Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
      • Quérote+

2. Ámbito: igualdade e cidadanía.

3. Presentación do programa: o programa Quérote+ consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa educación sexual. Con el preténdese dotar de ferramentas ao profesorado para o desenvolvemento persoal do alumnado no seu proceso de crecemento e maduración no ámbito da educación para a convivencia entre os sexos (educación sexual, modelos de amor e de parella, uso das tecnoloxías e, concretamente, a IA, e a pornificación da erótica ). Os centros porán en marcha o proxecto deseñado seguindo unha guía de 8 fichas elaboradas dende os centros Quérote+. Cada ficha é unha unidade didáctica deseñada para desenvolver co alumnado na aula.

4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de 3º curso de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.

5. Participación:

  • Límite de centros participantes: non se contempla.
  • Límite de docentes participantes por centro: non se contempla.
  • Límite de alumnado participante por centro: non se contempla.

6. Criterios de selección:

  1. Calidade do proxecto presentado
  2. Que o proxecto cumpra cos criterios básicos para o desenvolvemento do programa.
    • Traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará dende a súa área ou departamento.
    • Traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos.
    • A visibilización do traballo, exposto a través das canles de comunicación habituais (bloques, webs, redes sociais, etc.).
    • Integración dos proxectos de traballo na práctica da aula.
    • Integración da aprendizaxe no medio no que vive o alumnado.

7. Persoa responsable:

Nome: Noa Tilve Cabada
Departamento: Centro Quérote+ de Vigo.
Teléfono: 986 095 977
Correo electrónico: querotemais.planproxecta@xunta.gal

8. Obxectivos do programa:

  • Achegar información e ferramentas para o traballo da educación sexual na aula
  • Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo / unha mesma e para a comunidade.
  • Poñer en valor a diversidade e fomentaro o seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e harmónica.
  • Achegar información e aprender habilidades de afrontamento ante situacións que poderían acontecer no ámbito da sexualidade (no uso da tecnoloxía, en concreto da IA, na prevención de embarazos, nas ITS, na pornificación da erótica, etc.)

9. Palabras clave: sexualidade / igualdade / diversidade / bo trato / uso positivo da tecnolixía.

10. Metodoloxía e temporalización: seguirase unha metodoloxía activa e colaborativa, que promova a participación e a aprendizaxe práctica e fomente o traballo en equipo e a colaboración para aprender. O programa abranguerá todo o curso, co desenvolvemento dunha ficha por mes, dende novembro ata xuño.

11. Actividades e recursos ofertados:

  • Recursos materiais: fichas para o traballo na aula co alumnado.
  • Obradoiros: non se contempla.
  • Saídas: non se contempla.
  • Webs de referencia: https://igualdade.xunta.gal/gl/querote
  • Concursos / Premios: non se contempla.
  • Formación: formación para o profesorado "Educación sexual na aula".

12. Orzamento: non se contempla.

13. Produto final: A ficha 8 do programa é o produto final do traballo, onde o alumnado ensina o aprendido a alumnado do curso inferior, afianzado todo o aprendido a través da información ao grupo de iguais. O produto pode ser un vídeo, un podcast, un blog, unha presentación, unha publicacións ou a elaboración doutro tipo de material educativo que sirva de testemuño do desenvolvemento da ficha 8.

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+
    • Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
    • Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    • Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
  • Criterios propios do programa:
    • Valoración do seguimento do programa no centro a través das comunicacións bimestrais co centro Quérote+ de referencia.
    • Valoración da implementación das 7 fichas de traballo e do produto final (ficha 8) a través do material gráfico aportado (imaxes, vídeos, presentacións, ligazóns, etc.)
    • Valoración do enriquecemento do programa, de accións engadidas a maiores das propostas nas fichas, tales coma obradoiros, ponencias, cine forums, etc.

Menús Learning object node R