Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Consellería do Medio Rural. Dirección Xeral de Defensa do Monte.
2. Ámbito: Medio ambiente, sostibilidade, incendios forestais
3. Presentación do programa: O programa trata principalmente sobre a prevención dos incendios forestais e ten como finalidade implicar ao alumnado de Primaria, ESO e dos ciclos formativos de Formación Profesional na defensa do medio natural fronte aos incendios forestais. Ao longo do curso escolar, foméntase a concienciación sobre o valor dos bosques, a súa xestión sostible e o impacto ambiental dos lumes. O programa combina actividades educativas con charlas e visitas de persoal dos distritos forestais, reforzando o coñecemento directo do entorno. Diríxese a todos os centros educativos do rural promovendo o traballo cooperativo e interdisciplinar na comunidade educativa.
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Ciclos formativos.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: 14.
- Límite de docentes participantes por centro: 2.
- Límite de alumnado participante por centro: 25.
6. Criterios de selección:
- Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais.
- O programa priorizará aqueles proxectos de centros educativos localizados en concellos rurais.
- O tema central debe tratar sobre a prevención de incendios forestais.
7. Persoa responsable:
- Nome: Carmen María Seco García; Pablo Fernández Coroas
- Departamento: Subdirección Xeral de Prevención, Servizo de Actuacións Preventivas
- Teléfono: 981 546 063 / 981 546 058
- Correo electrónico: carmen.maria.seco.garcia@xunta.gal pablo.fernandez.coroas@xunta.gal
8. Obxectivos do programa: O obxectivo do programa é implicar ao alumnado de modo activo e responsable na protección do medio natural fronte aos incendios forestais. Preténdese que tomen conciencia do valor dos bosques, do seu uso sostible e da súa función na conservación da biodiversidade, sempre desde a perspectiva das consecuencias que teñen os incendios sobre o equilibrio ecolóxico, a calidade das augas, a produtividade do monte e o aproveitamento social da contorna.
9. Palabras clave: Incendios forestais, monte, medio ambiente, recursos forestais.
10. Metodoloxía e temporalización: A temporización abarca todo o curso escolar.
11. Actividades e recursos ofertados: Participación de persoal dos Distritos Forestais a través de charlas e visitas, previa solicitude, como apoio das actividades que realicen os centros cando poidan integrarse no programa.
- Recursos materiais: Non se contempla
- Obradoiros: Non se contempla
- Saídas: Posibilidade de visitas a obras de prevención ou bases helitransportadas
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios: Non se contempla
- Formación: Non se contempla
12. Orzamento: Non se contempla.
13. Produto final: Non se contempla.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
- Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Número e calidade das actividades relacionadas co programa que foron desenvolvidas durante o curso.
- Grao de cumprimento do programa con relación aos compromisos presentados na memoria inicial.
- Nivel de calidade do traballo final.