Título node Learning object

Cinema en curso
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Filmoteca de Galicia – AGADIC (Axencia Galega das Industriais Culturais)

 

2. Ámbito: Promoción da creación e da cultura. Arte. Patrimonio. Territorio. Audiovisual.

 

3. Presentación do programa: Cinema en curso é un programa internacional de pedagoxía do cinema en escolas e institutos que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia e no que participan alumnos e alumnas de territorios e de contextos socioculturais diversos compartindo unha mesma metodoloxía e referentes comúns.
O programa conta coa presencia regular dun/dunha cineasta no centro de ensino e en horario lectivo, para acompañar, conxuntamente cos docentes, o descubrimento da contorna e do cinema a partir dunha metodoloxía que desde o comenzo vencella moi estreitamente a práctica creativa dos alumnos co visionamento de películas.
Ao longo do curso escolar, a través de formación ao profesorado, co acompañamento do equipo de Cinema en curso e a presencia regular do cineasta na aula, os alumnos participantes realizan de xeito colectivo unha curtametraxe documental que pon en valor e da a coñecer a súa contorna máis próxima.

 

4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación primaria (último ciclo), Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos, Educación especial, Ensinanzas de réxime especial.

 

5. Participación:

  • Límite de centros participantes: 3 centros.
  • Límite de docentes participantes por centro: 4 persoas (un/ha coordinador/a e 3 docentes).
  • Límite de alumnado participante por centro: Máximo grupo clase de 25-30 alumnos ou 20 alumnos en materias optativas ou outras agrupacións.

 

6. Criterios de selección:

  1. Terán prioridade os centros de ensino públicos
  2. A nivel organizativo é necesario prever e reservar o tempo para facilitar a presenza dun cineasta nas aulas en horario lectivo. Se necesitan entre 20 e 25 xornadas de traballo ao longo do curso escolar.
  3. Se valorará a calidade do proxecto presentado: presentación do centro, características e traxectoria. Motivacións do centro para participar no proxecto. Posibles propostas de organización (curso, número de alumnos/as, horarios, materias ou áreas nas que se enmarcaría o proxecto etc.).
    Motivacións persoais dos docentes directamente implicados e previsión da dedicación do docente responsable do proxecto tanto para o traballo co alumnado como para a coordinación, a xestión dos materiais na web e as demais tarefas. Valorarase a capacidade de articular contidos transversais a partir do cinema.
  4. Posibilidade de organizar saídas fora do centro para a exploración do ámbito de exploración e para a rodaxe da película. 
  5. sistencia do alumnado a dúas proxeccións de cine na Filmoteca de Galicia: unha proxección inicial no primeiro trimestre do curso e unha proxección final para a estrea da película realizada polos alumnos. 
  6. Asistencia dos docentes a formación nas metodoloxías empregadas en Cinema en curso para un correcto desenvolvemento do programa..

 

7. Persoa responsable:

Nome: Mónica García
Departamento: Filmoteca de Galicia – AGADIC (Axencia Galega das Industriais Culturais)
Teléfono: 881 881 269
Correo electrónico: monica.garcia.iglesias@xunta.gal

 

8. Obxectivos do programa:

  1. Propiciar o descubrimento por parte de nenos/as e mozos/as do cinema entendido como arte,creación e cultura
  2. Desenvolver as potencias pedagóxicas do cinema nas escolas e institutos dentro do horario lectivo facilitando o descubremento e posta en valor da contorna máis próxima.
  3. Formación aos docentes con ferramentas que permitan descubrir e traballar coa arte na súa práctica diaria na aula.

 

9. Palabras clave: arte, cultura, patrimonio, memoria,territorio, cine descubrimento, posta en valor, consenso, proxecto colectivo.

 

10. Metodoloxía e temporalización:

  • Temporización:
    • Primeiro cuadrimestre (2025): 
      • Formación a docentes
      • Proxección inicial na Filmoteca de Galicia
      • Proposta de creación: Os planos do mundo
      • Búsqueda do ambito de exploración da nosa película e primeiras documentacións
    • Primeiro trimestre (2026):
      • Formación docentes
      • Da exploración do ámbito de traballo á concepción da películas
      • Rodaxe (pode ser no último trimestre)
    • Segundo trimestre (2026):
      • Formación docentes
      • Rodaxe (pode ser no primeiro trimestre)
      • Montaxe da películas
      • Estrea da película na Filmoteca de Galicia (xuño). 

O proxecto Cinema en curso arranca cunha formación inicial aos docentes participantes  e unha proxección inicial con todos os alumnos participantes en Galicia na sala da Filmoteca de Galicia (A Coruña) no primeiro trimestre do curso escolar.
Ao longo do curso desenvólvese en horario lectivo un obradoiro impartido conxuntamente por un/ unha cineasta e o equipo docente. O/a cineasta participa en torno a 20 xornadas (días) co alumnado de entre 3-4 horas de duración. Os docentes participan sempre activamente nestas xornadas e dan continuidade nas súas clases ao traballo realizado.  Durante os procesos de documentación, planificación, a rodaxe e a montaxes, hai que prever xornadas máis longas de traballo (en torno a 10 xornadas ao longo do curso) nas que os alumnos traballan por grupos pequenos de maneira rotativa. Nos momentos nos que se divide o grupo sempre ten que haber un docente co cineasta.
Os mesmos docentes que traballan nas sesións con cineasta deben estar implicados nas demais horas de dedicación semanal ao proxecto (habería que prever dúas horas). Este mínimo de horas depende do número de alumnos, do emprazamento do centro (os desprazamentos do cineasta), da organización global do centro, etc. Sempre se valora de modo individual as necesidades e posibilidades do centro de ensino en relación a organización do obradoiro.
Os obradoiros desenvólvense de forma integrada dentro da dinámica da aula e posibilitan un traballo profundo en competencias persoais e sociais como o traballo en equipo, a posta en valor da contorna, a atención, a observación, a capacidade de espera, a autonomía, a organización individual e colectiva, etcétera. Tamén se vehicula contidos transversais con especial atención ás competencias lingüísticas, dixitais e artísticas.
Todos os obradoiros dos diferentes centros de ensino comparten un mesmo programa de visionamentos de fragmentos de películas e de películas así como propostas de creación que culmina coa realización dunha curtametraxe realizada polos alumnos de modo colectivo. 
No mes de xuño celébrase unha xornada de proxección e estrea das curtametraxes realizadas polos alumnos de todos os centros de Galicia na sala de cine da Filmoteca ou noutra sala representativa. Participan todos os alumnos.
Todo este seguimento e traballo no centro por parte dos docentes se aborda de maneira completa nas formacións para o profesorado. Ao mesmo tempo o equipo de Cinema en curso acompaña os procesos e dúbidas de maneira regular e facilita todos os materiais pedagóxicos necesarios.

 

11. Actividades e recursos ofertados:

  • Recursos materiais:
    • Cartafol impreso (coa súa réplica na rede) con todos os materiais pedagóxicos necesarios para desenvolver o proxecto na aula.
    • Un Diario do obradoiro específico para cada centro participante na web do proxecto onde compartir todos os procesos de creación.
    • Equipos de rodaxe necesarios para a elaboración do filme final. É necesario que o centro dispoña dun disco duro exclusivo para o proxecto onde arquivar todos os materiais que se van xerando. Tamén é recomendable dispoñer dun ordenador onde se poida instalar o programa informático co que se realizará a montaxe da película e algunha cámara sinxela con modo vídeo.
    • Ao finalizar o curso o equipo de Cinema en curso elabora unha publicación que recolle todas as películas realizadas (en Galicia e en outros territorios), publica na web do proxecto as películas para o seu visionamento e presenta a curtametraxe en diferentes Festivais especializados.

 

  • Obradoiros: De carácter anual coa presencia regular no centro dun cineasta (en torno a 20 xornadas) que acompaña cos docentes todo o proceso de creación documental.

 

  • Saídas: O centro debe facilitar saídas regulares para poder explorar a contorna e para rodar a película documental. Ademais debe preverse unha saída inicial para a Proxección inicial de Cinema en curso e unha saída final para a estrea da curtametraxe realizada nunha sala de Cinema.

 

 

  • Concursos / Premios: A organización de Cinema en curso envía anualmente unha selección das películas realizadas polos alumnos a festivais de cinema

 

  • Formación: Presencial e de carácter obrigatorio nos principios metodolóxicos de Cinema en curso (24 horas). A formación, incluída no Plan Anual de Formación do profesorado, se estrutura en 4 sesións, dúas no primeiro cuadrimestre, e dúas no segundo cuadrimestre. A asistencia dos  docentes a todas as sesións de formación é imprescindible para o desenvolvemento do proxecto. 
    Na formación desenvólvense contidos prácticos, metodolóxicos e instrumentais, e intercámbianse experiencias entre os docentes participantes.

 

12. Orzamento: non se contempla.

 

13. Produto final:

  • Planos do mundo ao longo de todo o proceso. Serán planos colectivos realizados en pequenos grupos e tamén planos que farán de modo individual e que montarán en pequenas pezas de creación. 
  • Cadernos individuais de creación con todos os procesos desenvolvidos ao longo do obradoiro.
  • Unha curtametraxe documental realizada entre todo o grupo. 
  • Un diario do obradoiro de cada centro na páxina web de Cinema en curso.

 

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+:
    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
  •  Criterios propios do programa:
    1. Capacidade de descubrir a través do cinema os valores patrimoniais, urbanísticos, sociais, culturais paisaxísticos e históricos da súa contorna.
    2. Capacidade de traballar en grupo, de maneira colectiva, integrando a todo o alumnado.
    3. Capacidade de compartir no Diario dos obradoiros procesos de traballo e experiencias con outros centros e alumnado participante no proxecto.

Menús Learning object node R

Sección